© LimbaSarda 2004

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

30/09/2005 Ateras minorias - Galitzia

S'Europa ismentigat su galitzianu


Galitzia , S'Europa ismentigat su galitzianu, Ma s'arregodat de catalanu e euschera. Si chensciat sa Real Academia Galega




www.realacademiagalega.org 

COMUNICADO DA REAL ACADEMIA GALEGA SOBRE O INFORME "OS EUROPEOS E AS SÚAS LINGUAS" 


26 de setembro de 2005



Comunicado que a Real Academia Galega dirixiu no día de hoxe aos medios de comunicación e a D. Ján Figel, membro do Departamento de Educación, Formación, Cultura e Multilingüismo da Comisión Europea sobre o informe "Os europeos e as súas linguas".



Hoxe, no Día Europeo das Linguas, a Real Academia Galega, quere manifestar:



1. Hai uns días o Departamento de Educación, Formación, Cultura e Multilingüismo da Comisión Europea fixo a presentación do seu informe "Os europeos e as súas linguas" no que amais de referirse ás linguas oficiais da Unión Europea, este ano tamén se introducen datos sobre o catalán e o éuscaro, o que é para nós un motivo de satisfacción, xa que se trata de dúas linguas oficiais dun Estado membro da Unión Europea.



2. Resulta realmente sorprendente e inadmisible a ausencia da lingua galega do citado informe, tendo en conta que o galego goza do mesmo nivel de oficialidade no Estado español e do mesmo status na Unión Europea que o catalán e o éuscaro. E, se facemos caso dos datos do Consello de Europa, é a lingua con maior presenza social, de todas as linguas autonómicas do Estado español.



3. Non é aceptable para a Real Academia Galega a explicación dada polo propio Departamento da Comisión Europea, que xustifica a ausencia do galego do citado informe no feito de que é falada unicamente no Estado español, fronte ao catalán e éuscaro que teñen presenza tamén noutros territorios europeos. Este é un criterio arbitrario que non xustifica nada, e así o parecen recoñecer os propios autores do informe ao anunciaren que esta ausencia se corrixirá proximamente.



4. A Real Academia Galega pídelles aos organismos da Unión Europea, tanto ao Consello de Europa como á Comisión Europea, que á hora de elaboraren os seus informes referidos á lingua galega, consulten as Institucións que día a día fan un seguimento da situación sociolingüística de Galicia, entre as que Real Academia Galega ocupa un lugar preeminente, con estudos como o Mapa Sociolingüístico de Galicia, O galego segundo do a mocidade ou a Actualización do Mapa Sociolingüístico, que está realizando neste momento.



5. Solicitamos tanto do Goberno español, que nos representa en Europa, como do Goberno galego un posicionamento firme sobre os pronunciamentos que realizan os organismos da Unión Europea, e nos que reiteradamente, e de maneira preocupante, aparece discriminada a nosa lingua.

A segus